En lembranza de Enrique X.Macías. Compositor vigués.
¿A música ten cor? Cremos que si.
Axúdanos a pinta-la música.
Dende o A.N.P.A. do Conservatorio Xan Viaño poñemos en marcha este Concurso ca intención de ligar nas nosas mentes estas dúas artes: A música e a plástica.
É posible pinta-las notas musicais, os acordes, as escalas? ¿Qué cadro resultaría despois de escoitar a Bach, Handel, Beethoven... ¿?
Kandinsky (Pintor 1866-1944) traballou nesta temática de relacións de forma obsesiva, chegando a teorías de importancia fundamental .
Para Kandinsky o amarelo era una cor salvaxe e de forza desenfrenada (trompetas)
O azul transmite quietude (frautas, clarinetes..).
O branco é un silencio infinito, puro.
¡Fai ti a túa propia investigación!