ENRIQUE X. MACÍAS (Compositor) e CARLOS MAÑO (Pintor): “As EXEQUIAS”
Este anárquico achegamento entre o feito musical e as artes plásticas pretende balizar en sentido moi amplo as creación de dous artistas do noso tempo, o compositor Enrique X. Macías (Vigo 1958-1996) e o pintor Carlos Maño (Zaragoza 1960), que desenvolveron nos anos noventa un proxecto extraordinariamente singular; no que o diálogo plástico- musical leva a creación de dúas obras íntimamente ligadas: a peza “Exequias”, que o propio compositor definiu como “ un vasto fresco sinfónico á maneira dun ciclo, dividido en sete partes; e, por outra, os 27 monotipos realizados por Carlos Maño e o propio E.X. Macías, a partir da obra do compositor.
“Exequias” está integrada por un total de 27 monotipos que foron realizados durante os años 1993 - 1995, basados nunha idea orixinal do compositor, partindo de dúas planchas da súa propiedade e realizadas polo pintor Antón Patiño para o cartel ENRIQUE X. MACÍAS - CONCERTOS MONOGRÁFICOS, PONTEVEDRA / VIGO - 17, 21 DE XANEIRO 1983.
A idea iníciase a partir da obra "EXEQUIAS" (1992/94) para gran orquesta por encargo do Concello de Vigo e foi estrenada o 23/05/94 no Centro Cultural Caixavigo pola Orquesta Sinfónica de Galicia dirixida por Mark Foster. Estos 27 monotipos forman a obra plástica de “Exequias”.
As técnicas utilizadas para a producción de “Exequias” son numerosas. Mézclanse nunha soa obra métodos tan dispares como o grabado al aguafuerte, collage de fotocopias da partitura transferidos no momento previo da súa estampación, anotacións e correccións, creación de huellas naturais a través de marcas o auga, superposicións de tres ou cinco fragmentos da plancha inicial, etcétera.
Están realizados en papel Super Alfa Guarro Marfil de 250 gramos, o formato da folla é de 100 x 70 cms, e móntase en marcos de teca, formato caixa.
En todos eles plantéase un diálogo íntimo e persoal entre o compositor e o pintor, con discursos e opinions nalgúns casos opostos, baixo perspectivas distintas, pero mantendo ambolos dous un concepto de partida: o acto de investigar y afondar en EXEQUIAS, a través das dicotomías propias dos nosos lenguaxes, O diálogo de compositor / espectador, pintor / músico, lector / escritor,... imáxenes da palabra / sons da imaxen.
O traballo está estructurado en dúas fases moi diferenciadas: unha de estampación, y outra de diálogo/intervención. A estampación corresponde o primeiro ano de traballo que pola súa natureza, estuvo dominado polo técnico. O segundo período prolóngase ata a conclusión de “Exequias”, Ata entón o traballo foi teórico, de reflexión e discusión, comenzando así a fase de intervención e diálogo pintor/compositor.
Froito desta apasionada e fructífera colaboración nace, 15 anos despois, o libro “Dos mentes y un pulso”, onde Carlos Maño explica o proceso creativo deste traballo e o publica a Deputación de Pontevedra . Existe una grabación editada en CD da obra EXEQUIAS, no que se recolle a interpretación da obra realizada pola Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Mark Foster .
As Exequias
MONOTIPO 01 - 100 x 70 cms - Mixta papel - 1993 - 1995
MONOTIPO 02 - 100 x 70 cms - Mixta papel - 1993 - 1995
MONOTIPO 18 - 100 x 70 cms - Mixta papel - 1993 - 1995
MONOTIPO 18 - 100 x 70 cms - Mixta papel - 1993 - 1995